Aviso legal
Titular da web
- Titular: Desquiciados
- Correo electrónico: desquiciadossc@gmail.com
Obxecto
Esta web ten carácter informativo: presenta o traballo artesanal de Desquiciados e o universo de Villaoscura. Non se realizan vendas a través dela. Os encargos personalizados orzaméntanse de forma individual e as súas condicións acórdanse directamente con cada persoa.
Propiedade intelectual
Os textos, ilustracións, fotografías, deseños das pezas, logotipos e demais contidos desta web son obra de Desquiciados ou úsanse con autorización. Non está permitida a súa reprodución, distribución ou transformación sen permiso previo e por escrito.
As pezas inspiradas en personaxes do cine, a literatura ou a música son reinterpretacións artísticas propias. As marcas e personaxes mencionados pertencen aos seus respectivos titulares.
Responsabilidade
Desquiciados procura que a información da web sexa correcta e estea actualizada, pero non se fai responsable de erros puntuais nin do contido das webs externas ás que se ligan, como redes sociais ou páxinas de feiras.
Lexislación aplicable
Este aviso legal réxese pola lexislación española.