Encargos abertos: quedan prazas este trimestre

Sobre nós

Artesanía nacida na escuridade dunha vila agochada de España.

— Villaoscura —

Detrás de cada máscara e cada figura hai dúas persoas, un obradoiro e unha vila envolta en néboa. Esta é a nosa historia.

Ilustración de Laura e Javi, Desquiciados, en branco e negro
— Quen somos —

Villaoscura, un universo propio

Alí onde a néboa confunde o real co imaxinario, habitan Desquiciados, tamén coñecidos polos seus nomes humanos: Laura e Javi.

Somos un proxecto de artesanía que xorde dunha fascinación compartida polas historias de terror, as criaturas imposibles e as personaxes que habitan nas sombras.

O que comezou como unha forma de crear sen límites rematou converténdose nun universo propio: Villaoscura. Neste recuncho conviven meigas, médicos da peste, espíritos errantes e criaturas do bosque, rodeados pola influencia do terror clásico. Non buscamos encaixar no convencional; nacemos para ofrecer pezas únicas que non se atopan en ningún outro lugar.

Non somos só un obradoiro; somos unha experiencia visual.

Reivindicamos a beleza do escuro. Cada unha das nosas pezas está modelada e pintada a man, unha a unha, porque cremos que os obxectos tamén poden contar historias. E en Villaoscura aínda quedan moitas por contar.

Dúas figuras de demos con cornos asomadas tras unha xanela en penumbra
— A nosa inspiración —

Lendas antigas e pesadelos modernos

Villaoscura e os seus arredores son terras modeladas polo misterio. As súas fragas pechadas, vales e ríos son o escenario vivo dun folclore onde o inexplicable sempre formou parte da realidade. Desa atmosfera de penumbra nace boa parte da identidade de Desquiciados.

Porén, o noso universo non se detén nas lendas locais. Nutrímonos coa mesma forza do cine de terror, da literatura clásica e contemporánea do xénero e de toda a cultura que rodea o macabro e o fantástico.

As nosas pezas son o punto de encontro entre ambos os mundos. Nelas conviven as meigas e os espíritos das fragas cos monstros, demos e criaturas nacidas das páxinas e das pantallas que nos engaiolaron desde sempre. Dámoslles forma tanto a mitos antigos coma a pesadelos modernos, creando un universo onde conviven seres benignos e malignos por igual.

Mesa do obradoiro con caixas de madeira e pezas en proceso
— A nosa esencia —

A arte de dar unha segunda vida

Afastámonos por completo da produción en masa para centrarnos no detalle, a textura e a atmosfera de cada peza. Para nós, a escuridade non é algo negativo, senón un lenzo infinito para a creatividade. Baixo esta premisa, ofrecemos unha visión artística e transgresora da cultura pop e underground, conectando con quen se sente fóra do común.

Cremos que crear tamén é transformar. Por iso, o noso traballo foxe do desbotable e baséase na reciclaxe e en materiais respectuosos co contorno. Apaixónanos rescatar o que outros desbotan para darlle unha nova existencia a través da arte; é a nosa maneira de devolverlle o equilibrio á terra e demostrar que, no fondo, nada desaparece, só se transforma nunha nova historia.

A nosa filosofía

Feito a man

Sen máquinas nin cadeas de montaxe: só mans, tempo e paciencia.

Papel reciclado

O papel que outros tiran volve convertido en criatura.

Pezas únicas

Ningún molde, ningunha copia: cada obxecto é distinto.

O escuro tamén pode ser belo; só hai que miralo o tempo suficiente.

Entra en Villaoscura

Detrás de cada peza hai un mundo enteiro. Descubre o lugar do que veñen todas as nosas criaturas.