— Información legal —
Política de cookies
Usamos cookies?
Non. Esta web non instala cookies propias nin de terceiros para análise, publicidade ou seguimento; por iso non che pedimos que aceptes ningún aviso de cookies.
Servizos externos
- Tipografías: sérvense desde esta mesma web. Non se conecta con Google nin con ningún outro provedor para cargalas.
- Formularios: só cando envías o Censo, un encargo ou unha mensaxe, os datos viaxan a Google Apps Script para facernos chegar o correo. Máis detalles na Política de privacidade.
- Redes sociais: as ligazóns a Instagram, Facebook e Pinterest só te levan ás súas webs, que teñen as súas propias políticas de cookies.
Cambios
Se no futuro engadimos ferramentas que usen cookies, actualizaremos esta páxina e pedirémosche o consentimento cando sexa necesario.