Figura
Castanea
Figura de meiga de papel maché, feita a man
Peza única · Dispoñible
Peza modelada e pintada a man, sen molde: non é unha figura de serie nin unha impresión 3D.
Castanea é a maior das tres irmás que gardan os bosques de Villaoscura. A máis sabia e serena. Camiña e vela por eles dende hai moitos séculos.
Expediente
- Medidas
- 52 cm de alto
- Técnica
- Papel maché modelado a man, sen molde
- Materiais
- Papel reciclado e la
- Acabado
- Branco cinza pintado a man, cun bosque de piñeiros negros que sobe dende o baixo da saia e piñeiros tamén no chapeu
- Detalles
- Chapeu picudo de á ancha, rostro pálido de ollos pechados con sombras violetas, melena negra e as mans recollidas sobre o peito
- Uso
- Para un andel, unha repisa ou un recuncho de decoración gótica
— O Censo —
Censarme en Villaoscura
Cada rastro novo, antes ca ninguén
Os veciños censados ven primeiro cada peza documentada e teñen prioridade para encargar.








