Encargos abertos: quedan prazas este trimestre

Lepus, criatura con cabeza de lebre e ollos vermellos, de pel pálida con veas e unha cicatriz cosida no peito
Lepus, criatura con cabeza de lebre e ollos vermellos, de pel pálida con veas e unha cicatriz cosida no peito Lepus, vista 2 Lepus, vista 3 Lepus, vista 4 Lepus, vista 5

Figura

Lepus

Figura de lebre de terror de papel maché, feita a man

Peza única · Dispoñible

Peza modelada e pintada a man, sen molde: non é unha figura de serie nin unha impresión 3D.

Lepus foi unha lebre ata que unha trampa, unha noite de xeada, o mandou ao outro lado. Pasou tanto tempo entre as sombras do Inframundo que se lle esqueceu a súa forma: as orellas alongáronselle coma raíces, os ollos volvéronselle vermellos e aprendeu que alí abaixo só sobrevive o que cala.

Expediente

Medidas
38 cm de alto
Técnica
Papel maché modelado a man, sen molde
Materiais
Papel reciclado
Acabado
Pel pálida pintada a man con veas avermelladas e violetas, sobre unha peaña negra
Detalles
Cabeza de lebre de orellas longas, ollos vermellos, bigotes, unha cicatriz cosida ao longo do corpo e un dedo longo sobre a boca
Uso
Para un andel, unha repisa ou un recuncho de decoración gótica
— O arquivo —

Outros rastros documentados

— O Censo —

Cada rastro novo, antes ca ninguén

Os veciños censados ven primeiro cada peza documentada e teñen prioridade para encargar.

Censarme en Villaoscura